Tuia

Post on 15-Apr-2017

255 views 2 download

transcript

Tuia

Xénero Thuja Formado por cinco especies, dúas nativas de Norteamérica (Thuja occidentalis, do leste de Canadá e norleste dos EE.UU.; e Thuja plicata ou Tuia xigante, do oeste de Norteamérica) e tres do leste de Asia (Thuja koraiensis, de Corea; Thuja standishii, do Xapón; e Thuja sutchuenensis, de Sichuán –China).

As follas, escamiformes, de 1 a 10 mm de longo, están dispostas en pares opostos. Os conos masculinos saen nas puntas des ponliñas, os femininos, ovais, medran ata 1 ou 2 cm.

Tuia xiganteThuja plicata

tuya gigantewestern, Pacific redcedar

thuya géant

CLASEpinopsida

ORDEpinales

FAMILIAcupresáceas

Árbore de folla persistente que pode medir ata 60 m de altura. Orixinaria do oeste de América do Norte.

TALO Toro dereito, coas ponlas pouco mestas e lixeiramente colgantes. A tona é de cor castaña-laranxa e nos exemplares vellos máis escura, desprendéndose en tiras estreitas. A copa é cónica e estreita coa punta redondeada

FOLLAS Simples, pequenas, de forma oval-apuntada e dispostas a xeito de escamas opostas e alternas, as que están expostas ao sol son lisas e de cor verde e as outras cóncavas e máis claras.

FLORES Especie monoica.Conos masculinos pequenos, de forma oval e cor encarnada escura, situados nas ponlas terminais. Conos femininos: de cor amarela, con 8-10 escamas prolongadas cara arriba. Situados no remate das ponlas.

CONOS (PIÑAS)Leñosos, de forma oval de 1-1,7 cm de lonxitude, con escamas abertas desde a base e cara arriba.As sementes son pequenas e leñosas, de forma oval e cunha á estreita.

USOSA madeira é lixeira, mol, doada de traballar, estable e moi resistente á intemperie. Emprégase en construcción, ebanistería, tonelería, tellado de vivendas...Especie ornamental, moi empregada para facer sebes..

Foi moi empregada polos pobos indíxenas para construcción, ferramentas, canoas, totems, tellar cabanas, tona para tecer e facer cordas e roupa...

"Moa-4" by Arnold C - Own work by User:Buchanan-Hermit (Arnold C). Licensed under Public Domain via Commons -

Pazo de Mariñán (Bergondo)-3,20 m de perímetro.

-2,80 m de perímetro.-3,55 m de perímetro.

Parque do Carballiño

-3,78 m de perímetro.-3,27 m de perímetro.

Parque do Carballiño

Lago Castiñeiras (Marín)-A máis grosa mide 2,83 m de perímetro.

Pazo Torres de Agrelo (Redondela)-17,9 m de altura; 5,6 m de perímetro.INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Parque de Castrelos (Vigo)-4,10 m de perímetro.

Parque de Castrelos (Vigo)-4,26 m de perímetro

Tuia do lago Quinault, a máis grande do mundo. Atópase á beira do lago Quinault (Aberdeen, Washington)-53 m de altura, 18,70 m de perímetro. "QuinaultLakeCedar 7274c" by Wsiegmund -

Self-published work by Wsiegmund. Licensed under CC BY 2.5 via Commons -

Tuia do lago Cheewhat no Pacífico Rim National Park Reserve na illa de Vancouver.

Illa de Vancouver

"Kalaloch Redcedar". No Olympic National Park en Kalaloch (condado de Jefferson County).-37,50 m de ltura e 18,80 de perímetro.

Parque da Pena (Sintra, Portugal)

MONTAXE: Adela Leiro IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet

Agosto 2015